ENTREVISTA CON BARUK DOMÍNGUEZ
P. Boas tardes, señor Don LaBarocca. Antes de nada gustaríame saber como me debo dirixir a vostede, tratándose dun líder supremo de recoñecidas características.
R. De fronte, sempre de fronte; as miñas recoñecidísimas características xa farán o seu para que me recoñeza da forma máis característicamente característica posible, recoñezoo…

R. Paternidade completiva, quererá decir vostede. Porque xa anteriormente fora benzoado coa presenza doutro ser froito do meu froito que recebeu o nome de Honorábel Bebé. A verdade é que é duro, recoñezoo, escoller vestiario para o concerto.
P. Durísimas verbas. Xa que falamos de controversias, e vista a lección de física cuántica coa que nos deleitou vostede na sesión sabatina, que opinión lle merece a laboura de Vidal-Quadras como físico?
R. Boísima como físico nuclear, terrible como astrofísico. Está claro que, ao pertencer a un grupo de investigación denominado Box, non é capaz de aceptar a teoría de cordas e a expansión do universo. Cre na vella teoría aristotélica do universo-caixa, e iso só o pode aceptar un analfabeto ou un catalán...
P. Xa que falamos de orbes, é difícil compaxinar a vida de ser celestial coa vida terreno-acuática á hora de preparar un concerto de tales características?
R. Non, sempre e cando cotices como falso autónomo. É dicir, separar os gananciais celestiais por una vía impositiva allea á da laboura de propección artística terreno-acuática. É sinxelo, pero hai que blanquear moito carto e moito calzón.
P. En referencia a asuntos do concerto, pensa que Pablo Quintela era de gabanza fácil ou realmente consideraba a todos os nenos como "neniños bonitos"?
R. Non falarei aquí deste señor ata que me devolva o meu nome. Creo que xa son suficientemente adulto para seguir sendo considerado, aos seus ollos, como un neno. E, senón, enfádome e deixo de respirar...
P. Falando de obras e proxectos, que ten vostede en mente? Pensou algunha vez en facer proxectos en solitario ou prefire ir no pelotón?
R. Eu non vou nunca no pelotón! Levo toda a vida escapado, como Luis León Sánchez, e iso nótase nas pernas. Con respecto ao que vostede propón, vexo que está pouco informado, polo que non o vou considerar como unha afrenta á miña persoa. Pero, señor becario, debería saber que eu nunca podería tocaren solitario, xa que, como ser semicelestial que son, os mortais debedes considerarme "un e trino". Non se esqueza nunca, señorita.
Comentarios
Publicar un comentario
Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza