Festa da Cervexa


Domingo, 11 de Agosto de 2013, Sada amanece entre a resaca dun cheiro a aceite de marca branca e a salitre do mar.
Ninguén entendía nada. Os veciños que paseaban non entendían de onde podía vir ese forte olor a frixiduría, e menos un domingo que se presentaba como a festa da Cervexa.

Había lacón, churrasco e incluso chourizo, preparado para ser cociñado á grella como boa festa galega que se preste, pero non era un día para fritir nada.

O cheiro era constante, incluso para algúns molesto, e de fondo escoitabase o murmullo que parecía dicir ksh ksh ksh.
A media mañá empezou a mesturarse cun cheiro a pemento picante, pero non se trataba de chourizo, era algo inédito na zona. Un vehículo de cor gris fai entrada na praia, e con el o constante fedor.


Si, eran parte das Irmandades do Falo, pero non a totalidade..... e ese cheiro viña do motor do coche.


Tras estacionar, a xente asomábase estupefacta para ver de que se trataba,a ata que un misterioso home.

 Vestido cunha camiseta dun equipo turco (e non era o deportivo)  baixouse do coche e empezou a repartir quilos e quilos de zorza.

Ninguén sabía que pasaba  nin o motivo da situación e o individuo,feliz, moi feliz non paraba de dicir que era un enviado de dona Xenerosa.

O tráfico detívose durante horas, os bombeiros non daban feito para retirar tanta masa cárnica e unha señora non paraba de berrar
" Jesucristo Redentor, es Baro Domínguez, reza por el, reza por Baro Domínguez"

A  cheirume parecía que desaparecía, pero non ía ser durante moito tempo.

Tras unha media mañá máis relaxada e tranquila, volveuse a producir unha situación extraña.

Unha tormenta de area  levantouse sobre a praia e notabase no ambiente a presencia dun aroma a salitre.
As rúas estaban salgadas, os calzóns dos diabéticos tiñan azucre, e sobretodo sal, moito sal.

Parecía unha aliñazón indebiada dos planetas, algo que podería facer que se suspendesen os festexos, pero non.
Apareceu a explicación, outro vehículo de cor negra apareceu sobre o pavimento de Sada, estacionando en doble ringleira,como se de don Zoilo se tratase, e con el o cheiro a mar, e sobretodo a Troita.
Era a  outra parte das Irmandades e viñan con moitas troitas, sobretodo do río Eo, como máis lle gustan ao noso amigo José da Pontenova.
Tiñamos zorza e tiñamos empanada mentras un neno lle decía á súa avoa: " Es De Gea, pero tiene un escudo del Celta"

A confusión rondaba en Sada, ata que chegou o home máis very guapo do planeta: Bobé Currás, tamén chamado como Luis McFerrin ou Bobi a secas.
Añadir leyenda
Estaban ao completo, a troita, a zorza e as Irmandades. Pero faltaba alguén.....
Mentres comezaban César Freire, Rubén Suárez e Gonzalo Kastelo unha actuación en acústico de fondo seguía un son caracteristico ... o da zorza frixindose 
.

Cando se subiron ao escenario e comezaron emulando aos nosos antepasados os gorilas comendo froita, o público entregado non podía parar de berrar:
" Queremos justicia, merecen un Grammy"
Ante o continuo grupo de xente mareada e aturdida de ver como eran as Irmandades do Falo, o concello de Sada habilitou un hospital de campaña onde podían escoitar temas coma Reloxo de Fabilos, ou Carnicería Generosa... mentres os deuses do Olimpo chairego acudían ao final a recibilos cambiandolles o suero por dosis de pop-inchable.

Sada voltaaba á normalidade tras o remate do concerto... pero a próxima vila que os vexa tocar non están libres de todo o que traen detrás








Comentarios

Publicacións populares