Respeto polas música vilalbesa

Dende as Irmandades do Falo queremos facer un chamamento ao RESPETO por todas as formacións musicais da vila.
Estamos cansados de que nunca haxa cartos pra as agrupacións musicais de Vilalba.
Quizáis esta xente que se queixa da pouca axuda dos locais, das casas e dos veciños debería pensar na axuda que ofrecen eles ás agrupacions vilalbesas pedido que actúen por cantidades mínimas ou mesmo de balde.

Non buscamos polémicas, só queremos reivindicar a labor que durante moitos anos se viña facendo na vila (concertos folk, banda de gaitas, banda de música, Vilalrock, e demás agrupacións) que vían as súas festas como o lugar donde amosar aos vilalbeses o traballo que realizan durante gran parte do ano.
Pedimos simplemente respeto. O mismo respeto que se lle dá ao que ven de fóra, e ao que non se lle pide un esforzo par pagarse a súa actuación.
E si, somos conscientes de que esta música non move tanta xente como outras actuacións millonarias que veñen, e que non gusta tanto, pero que é tan respetable ou máis que as outras, e sobretodo é a música feita no lugar onde se fan as festas: Vilalba.


Irmandades do Falo

Comentarios

Publicacións populares