Irmandades do Falo - A Cerna, de Xose María Díaz Castro









Hase de amara a cousa hastra a sangue

O verdadeiro amor enferra en neve, 

ara nun mar de rosas suco leve,

ai pro acudulla en sangue.

Tinguéuseche o machado en sangue loura

¡ Ai como, cernador, doi a batalla 

cos que un ama!¡ Que moura é a sombra moura

do machado na galla!

Despida contra o ceo A Que Non Fala, 

a póla firme coma un xuramento, 

berra nos dentes do machado e estala

e tordea no vento…

Sobre os cómbaros dondos coma un velro, 

sobre as cornas dos boi, sobre o camino, 

a fraga berra, coucorexa o melro, 

cai arroulando un niño…

Eu vinte contra o sol, nunha hora tola, 

Abrazado ó teu toro, derregando

a traxedia de Deus. ¡ Doinos a póla, 

pro seguimos cernando!




Hastra que caia a derradeira estrela

cairá o machado en carne que choramos

no soño puro de deixar máis bela

unha vida que amamos.

Comentarios

Publicacións populares