ZAPATEIRO DA PORTA DE CIMA

Tras dar a coñecer o pasado verán as múltiples e beneficiosas propiedades da zorza de Dona Generosa Noche, as Irmandades do Falo presentan ao Novo Son un tema que está vencellado coa raiña da zorza, e non precisamente por tratarse da competencia senon máis ben dun local co que debería manter unha relación fraternal.
Despois de que a xente bailase e queimase a goma dos seus zapatos o este tema, é parada obligatoria o Zapateiro da Porta de Cima, situado xusto en fronte do Olimpo Cárnico vilalbés.
Agora, con máis motivo a Rúa Porta de Cima é un lugar de culto e peregrinación, ben sexa para reforzar as punteiras dos tenis, acolchar as zapatillas de toda a vida, retocar ese tacón que tanto che favorece ou simplemente como excusa para presumir do teu nauseabundo cheiro de pés.
E o millor disto é que mentras esperas a que Ángel che retoca o calzado podes ir enfronte e probar a zorza da que todo o mundo fala.
Coidadiño!! Porque quen escoita a canción non pode deixar de mover os pés!http://blogs.crtvg.es/novoson/irmandades-do-falo-zapateriro-da-porta-de-cima/

Comentarios

Publicacións populares