Novas Datas!
Alecia King, manager, vidente, secretaria, animadora e cantante das Irmandades do Falo, está levando o Tour 2013 pola xeografía galega, coa múscia que fai bailar a todas as troitas.
A súa impoluta xestión está a facer que ninguén se quede sen probar o marabilloso manxar, "Empanada de troita" e que ninguén manteña os seus pes ou a súa boca parados nos concertos do grupo chairego.
Debido a gravación que se realizará a vindeira semana na Escola Audiovisual de Vigo, estará moi ocupada, pero cada día atopará un oco para informarvos das novidades.
Comentarios
Publicar un comentario
Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza