CUARTO CONSELLO
Moi benvidos ao derradeiro consello de Sagrario Guntín, co remate da semana desvalamos unha receita, non a orixinal de Sagrario pero si unha similar.
Utilizaremos os seguintes ingredientes:
- 1 kg de troita do río Madalena
- 1kg de fariña
- 40 ml de aceite de oliva
- 3 cebolas grandes
- 1/2 kg de xamón
- 1 ovo
- Sal ao gusto
Preparación:
- Picar a cebola e pochala a lume tenue para darlle un aspecto suave e meloso
- Sazonar as troitas e cocelas ao vapor durante 8 minutos xa que se acabaran de facer no forno
- Mesturar a fariña, o ovo, o aceite o sal e facer unha masa uniforme para a empanada.
- Encher a masa coa cebola
- Limpar as troitas de espiñas, colocalas na masa co xamón enriba e sellala masa .
- Metela ao forno a unha temperatura de 180º durante 30 minutos.
E xa está lista para comer!
Consello de Sagrario Guntín (Raíña da empanada de troita)
Comentarios
Publicar un comentario
Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza