TERCEIRO CONSELLO

Bos días e benvidos de novo aos consellos de Sagrario Guntín, antes de comezar, quero aclarar unhas cantas cousas: En primeiro lugar, onte tiven unha convención de empanadas en Villaseca de Laciana (León), polo cal tiven que ir a pescar unhas troitiñas ao río.


Hoxe contareivos a mellor forma de que ninguén rexeite unha empanada de troita. Sempre ai que intentar que confíen nos productos, ofertandolles gratuítamente un anaco de empanada, non pode ser unha zona dura ou pouco pasada, ten que ser a zona máis sabrosa da empanada para que os seus padais coñezan o que e o paraíso forno-fluvial. Logo hai que empregar a técnica de que vexan ao fabricante comer o seu producto e ter unhas cantas empanadas a disposición dos clientes. Cando alguén proba a empanada e repite, e o momento de empezara a falar dos tamaños e prezos de empanadas, sutilmente pero sen que se poida escapar. Intentar acumular xente que visite o producto ecomo non que ninguén se marche sen falar del e sen habelo probado. Non esquezades o consello!





Segundo uns archivos filtrados por membros do meu club de fans, unha foto miña foi publicada sen autorización, coa mellor peza do día, adiantandose a miña publicación diaria dos consellos desta semana, polo que espero que o responsable sexa un lector diario dos meus consellos, porque eu aprecio a xente que me aprecia, pero ós que se dedican a estropear os manxares forno-fluviais....


Comentarios

Publicar un comentario

Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza

Publicacións populares