VENCEDORES NO PANXOROCK 2012



O pasado xoves día 20 de decembro tivo lugar o Panxorock, un concurso organizado pola Escola de Audiovisuais de Vigo (EAV) na que participaron grupos de toda Galicia con panxoliñas adaptadas a partir de cancións clásicas. De tódolos participantes, catro deles foron seleccionados para a final, que consistía nunha actuación en directo valorada polo público e por un xurado profesional. Dos catro finalistas (Néboa, Léxico&Crespo, Os Vacalouras e Irmandades do Falo) finalmente resultaron gañadores os dous últimos, Vacalouras na categoría do público e Irmandades na do xurado profesional.

Comentarios

Publicar un comentario

Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza

Publicacións populares