ZORZA EN LUGO
Choiva de Zorza no inicio das Festas do San Froilán 2012
Este xoves 4 de Outubro acontenceu un fenómeno paranormal na Praza do Campo Castelo de Lugo sobre as 21:00 horas
Daban as 20 :45 e un estrano cheiro comezou a aparecer na Praza do Campo Castelo.
No era a pólvora da pirotécnia que nese momento estaba a estourar no ceo de Lugo, nin o cheiro de ningún dos compoñentes das Irmandades...
Tratabase dun aroma que estaba a embriagar toda a praza, que paralizaba os corpos da xente, que hipnotizaba os corpos.
Si, era ZORZA!
Ás 21:00 horas empezou unha choiva potente e continua de carne vermella, picante e irresistible, que fixo que a xente acudise ás presas cara a zona onde se concentraba a maior cantidade deste alimento. Rexistraronse preto de 200 kg por metro cadrado e os que chegaron alí puideron atoparse cunha sorpresa.
As Irmandades do Falo estaban actuando no San Froilán 2012, inundando Lugo deste alimento, presentando o seu tour 2012, e por suposto interpretando algún dos seus éxitos como a Carnicería Generosa,( recente gañadora do Vas Sacar Nota 2012) a Froitería Inés ou a sensación do momento, o Padre Sabubu.
Para os que quedaron con ganas de sentir o que se vive coa choiva de Zorza que non se preocupen porque o día 20 de Outubro en Vilalba os meteorólogos din que volverá a chover Zorza, concretamente no Pub Xanela
Ademais este concerto servirá para que os interesados podan mercar unha das nosas FALO-camisetas, nunha homenaxe ó porco e á zorza:
Por 10 € pode ser túa |
Comentarios
Publicar un comentario
Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza