CONCENTRO ROCK
O pasado sábado 15 de setembro tivo lugar o Concentro Rock, unha nova oportunidade para ver en acción aos grupos locais.
Os primeiros en actuar foros os debutantes the Mayors, este trío vilalbés formado polo incombusible Alberto Guntín á guitarra, Cas "Sheriff" ao baixo e Brais á batería. A continuación foi o turno para Panel Sandwich, co seu rock da chaira e coa motoserra sempre por bandeira.
Métea no cú! coreaba a xente no seguinte turno para recibir a Mi Perro Vincent, o cadeliño Vicente, quen xa ten consolidado unha boa enchente de éxitos como O Gafapasta de 50 pies, El Monstruo de la Charca del Alligal ou o Métea no Cú, camiño de ser un éxito a nivel mundial.
Curvatura Espacio-Tiempo, así recibe título o traballo de Postergel, un grupo que medra cada vez máis co seu bo traballo e as influencias ramonianas.
Por último o turno foi para as Irmandades do Falo que interpretaron un programa máis revolucionario con temas novos como a Pasantía Pazagras ou o Vello Durminte, así como o éxito a Carnicería Generosa
Comentarios
Publicar un comentario
Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza