FIN DE FESTA NA VEIGA


Este sábado 25 de Agosto tivo lugar o peche do Concurso "Vas Sacar Nota 2012" no Concello da Veiga, cun programa especial do Somos Quen dende as 23:00 horas ata as 02:00.

Neste fin de festa participaron os 4 gañadores nas diferentes categorías, FM, Tu Mujer nos Engaña, As Maianas e nós, as Irmandades do Falo; e ademais o grupo convidado La Comandancia e o humor de Cada día Peor.

As Maianas (gañadoras premio dos druidas)

As primeiras en actuar foros as rapazas das Maianas que recibiron o premio do xurado.

Este grupo de cantareiras de Ames interpretaron o tema gañador do concurso "Xa te olvidache de min" así como 2 pezas maís,entre elas unha rumba.
Os seguintes en actuar foron as Irmandades do Falo (gañadores do premio do telefonazo) que a parte de tocar o éxito da Carnicería Generosa interpretaron o tema da pasada edición do Vas Sacar Nota " A Froitaría Inés" e o blues sureño do pan máis fresco e saboroso da Porta de Cima, o da "Panadería Picheira"

FM

O grupo FM formado por Fran Rodríguez e Miguel Rivas foron os encargados de continuar a festa facendo o tema gañador " Malo será" premio da bancanda en internet, e o popular tema de Andrés do Barro " O Tren" coa colaboración das Maianas.

Os gañadores do premio Sáeseme (sms) foron Tu Mujer nos Engaña co tema "Dános Licor Kafé" quenes foron os encargados de pechar o grupo dos premiados.

Por último o grupo La Comandancia de Tui, foron os encargados de poñer punto e final ao Festival da Serra con unha hora de música con temas como " Asumballé" , "Asunción" o "Silabario" ou o tema gañador do ano pasado " Batea Tropical"


A Comandancia





As Irmandades do Falo

Cada día Peor
La Comandancia

As Maianas





Comentarios

Publicacións populares