IRMANDADES DO FALO NO VAS SACAR NOTA





A radio galega saca a segunda edición do concurso de verán Vas Sacar Nota, onde se buscará a canción do verán 2011 asi como a gravación dunha maqueta nos estudios da Radio Galega.

Irmanades do Falo, presentase a esta edición cun tema coñecido pola maioría da xente que algunha vez nos escoitou e o fai co exito Froitería Inés.

Quen de Vilalba non coñece esta fantástica froitaría onde a froita que mercas faise máis grande ao chegar á casa, aumentando ata en 3 kilos o peso total?


Nós cremos que a froitería Inés é digna de ser a canción do verán, é máis, debería ser o recoñecemento a unha traxectoria polo seu labor.

Se che gusta a froita, e a comes en cantidades industriais, axudanos a que sexa a canción do verán votando na páxina que a Radio Galega poñerá a disposición o 1 de agosto.




Fagamos que a froita teña o seu recoñecemento! Se os gorilas a consomen... por que nós non a vamos a consumir?




" Que comen los gorilas? Si pueden conseguir la cantidad adecuada, los gorilas prefieren comer fruta fresca.
Si no consiguen fruta fresca, completan su dieta con otro tipo de vegetación. Algunos comen de cuando en cuando carne, pero la mayor parte de su dieta está compuesta por FRUTA"

Comentarios

Publicacións populares