A PARADIÑA DO TEMPLA CHEGOU A XANELA
O pasado sabado 25 de xuño as Irmandades do Falo presentaron a súa Paradiña do Templa no pub Xanela nun concerto que durou 2 horas aproximadamente e onde se escoitaron as novas cancións deste tour 2011.
As máis destacadas foron a Montesconda o Valebar e como non, o éxito para este verán, A Paradiña do Templa que a modo de kyrie eleison se presentou ao público asistente.
Ao final houbo unha dúas pequenas sorpresas:
Un tema interpretado polo percusionista o señor del Valle chamada a Multitienda Gayoso e unha balada clasica para pechar, o Audi Gris, acompañado dunhas bengalas para inmortalizar o momento.
Dende as Irmandades esperamos que fose o concerto do agrado dos asistentes e esperamos que A Paradiña do Templa siga camiñando este verán por terras vilalbesas
Non cheguei a velo enteiro, pero en xeral estivo ben. Tedes composicións moi curiosas que tanto se achegan a arranxos que soan medievais como a ritmos punk. A vosa proposta, xa vos dixen, paréceme orixinal e divertida, que non é pouco nos tempos que corren.
ResponderEliminarSe me permitides a crítica, o que sí debedes mellorar é o son de directo; había descompensación entre instrumentos (a batera por encima do resto, a guitarra case imperceptible cando subía a intensidade dos temas, diferencia grande de volume entre tuba e trombón...) e ao non contar con baixo, nas partes cañeras paréceme que a guitarra debería levar unha distor máis pesada, máis grave (ainda que isto quizáis sexa máis cuestión de gustos).
A seguir dándolle duro, rapaces!
GRACIAS POLAS TUAS PALABRAS E POLAS SUXERENCIAS QUE SEGURO QUE NOS SERVIRÁN PARA OUTRAS ACTUACIONS.
ResponderEliminarESPEREMOS IR MILLORANDO POUCO A POUCO O DIRECTO E SEGUIR CO ESTILO CARACTERISTICO.
MOITAS GRACIAS, UN SAUDO