GRANDES FESTAS EN XANELA
O próximo sábado día 10 de abril, as Irmandades do Falo celebran no Pub Xanela o primeiro concerto do "Cucarachas Tour '10" na honra a San Pitopato. O acto iniciarase a partir das doce da noite co disparo de bombas de palenques anunciado pola comisión organizadora. A continuación, misa solemne oficiada polo Padre Karub e posterior procesión ata Hot Kebab (ou Kebab Caliente, noutros idiomas...).
Tralos oficios relixiosos, terá lugar unha degustación gratuíta dos "rompecorazóns" do cuarteto, os multiinstrumentistas Rubi Loquicis e Davi N'bolas, a razón de 5€ por persoa. Tralos entremeses chegará o prato forte da noite, coa sesión vermú (vermú ou vermouth ou o que se queira tomar...) na que actuará o grupo cultural e recreativo das Irmandades do Falo, lideradas polos seus membros máis carismáticos (pero menos atractivos en comparación cos "Sex-Symbol"): Don Papi "On Flames", Mayimbe do Calzón Mollado; e Don Pablo "Trén" del "Cuarén", o Rei das Pinturas (vaginales).
As cancións que se tocarán no concerto serán algúns clásicos do grupo (Greites Jits), outros temas menos coñecidos (Bi-Saids), versións (Kobers Braians) e, por suposto, novas composicións que farán as delicias dos fans (Niu jit, miusic in, audio aut, in de micser... Parafraseando a Fernandisco...).
Recordade, sábado día 10 ás doce da noite en Pub Xanela. Entrada gratuíta. Querémosvos ver a todos, porque xa sabedes que estades todos convidados.
E, por suposto, Felices Festas no nome dos ramistas!!!

Grandes irmandades dandoo TODO como sempre!!!!
ResponderEliminarAver cando facemos unha colaboración Irmandades e Twochelas non??
ResponderEliminarx certo gran enlace ;)