1º ANIVERSARIO EN CONCERTO

O 16 de xaneiro de 2009 comezaba todo.

O que ía ser un festival do I.E.S Lois Peña Novo no que se intentaba recaudar cartos para unha excursión acabou sendo o nacemento das Irmandades do Falo (ainda sen uniforme e cunha darbuka)
Todo xurdeu de imprevisto, nós non tiñamos pensado tocar, senón que íamos contar chistes, pero estabamos ensaindo no local e como nos escoitaron dixeronnos se para alongar a cousa podiamos tocar.

Así se realiza a 1º actuación, a que nos abriu paso a grandes momentos ao longo do ano que compartimos coa xente que nos veu ver algunha vez, e de xeito máis especial con aqueles que nos axudan a facer as coñas ( Guatislof, sorteos, pasar diapositivas. fotos etc...)

Comentarios

  1. esperemos q esas coñas sigan por moito tempo, e q nós, os fans/grupis esteñamos ai para velo!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza

Publicacións populares