CONCERTO NO FARDELA



As Irmandades do Falo volveron de novo a amosar o seu repertorio satírico o xoves 16 pub Fardela nun concerto moi agardado por todos.

Ante o entusiasmo do publico que fixo que a festa se alongase durante cerca de 3 horas chegando a duplicar a duración inicial do concerto as Irmandades deron o mellor de sí.
Cun programa que se presentaba con 20 cancións, entre as cales se presentaba o Wok Invidente e La Botellita, o grupo tivo que botar man de temas que non tiñan pensado tocar como Chiki Chiki, Telyval, 10 minutas, ou incluso o esquecido Super Mario.



Pero sen dubida o "Guatis lof" fixo que a xente non parara de bailar facendo da noite unha festa.

Deste xeito queremos amosar o noso maior agradecemento a tódalas persoas que se acercaron ata o Fardela a pesar de ser un xoves, e da súa involucración en cada unha das cancións sen as cales estas non terían sentido.
E como non agradecer a César a posibilidade que nos deu para o que ata principios de ano quedaba como mui lonxe ,(hai que falar con César para tocar no Fardela)se convertira nunha noite chea de adxectivos que nin o mesmo Ramudo sería capaz de enumerar.



Por iso queremos que sigades aí e nos traballaremos facendo o que millor se nos da, dicindo animaladas da xente pero con música que é o que nos gusta.
Irmandades do Falo

Comentarios

Publicar un comentario

Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza

Publicacións populares