Concerto no Fardela

O próximo xoves 16 de Xullo as Irmandades do Falo inician o seu "Nectarinas Tour 09" nun dos locais máis emblemáticos de Vilalba, o Pub Fardela.




O concerto comezará a partires das 11 da noite apróximadamente. Esperámosvos alí a todos os que poidades acudir, co aliciente de que a entrada é completamente gratuíta (iso non exime das propinas que nos poidan deixar certas almas caritativas... ou?).

Queremos que veña o maior número de persoas, non por exhibirnos, nin por conquistar corazóns, nin por "crear familia" (isto vai para Davi, que xa ten algún fillo bastardo solto por aí), senón porque sodes o noso maior apoio. Xa o dixen moitas veces e non me cansarei nunca de dicilo: "Sen o público non seriamos nada". Pero nada de nada (...bueno... tampouco será pa tanto... je je je).

E polo de agora nada máis. Que o pasedes ben no concerto e que teñades un feliz verán.

Ata a próxima

A Directiva (Ja ja ja)




Comentarios

  1. Vaia, onte non puiden ir ao concerto pero paréceme moi interesante a vosa proposta; tedes boas ideas e sodes orixinais... e ademáis sabedes tocar xa, cousa que a maioría dos que andamos nesto da música profana apenas sabíamos cando empezamos. O vídeo de Frutería Inés está brutal, jejeje, pero hai que mellorar a forma de gravar que case non se oe a voz!!!.
    Espero vervos máis adiante. Seguide así!!

    Javi Meskalina

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Ten cuidado co que dices Generosa podería escoitarte e subirche o prezo da zorza

Publicacións populares